A irmá de María José Arcos: "Espero que este sexa un impulso definitivo"

Rosa Arcos. TVG
photo_camera Rosa Arcos. TVG

Rosa, irmá de María José Arcos, santiaguesa desaparecida en 1996, mostrou asúa "alegría" polo operativo desenvolvido este martes en Pontevedra en busca do corpo de Sonia Iglesias. "Espero que sexa un impulso definitivo para que permita resolver onde está Sonia e a familia poida descansar e comezar unha nova etapa, que seguramente o van agradecer", indicou en declaracións á TVG.

Rosa Arcos admitiu sentir "certa envexa" ao pensar no caso da súa irmá, "arquivado, pechado e do que ninguén se ocupa cando me gustaría que alguén o fixera".

Por iso invitou a autoridades, policiais e políticas, a articular "mecanismos" para evitar que casos como estes volvan ocorrer, "porque suceden en demasiadas ocasións", puntualizou.

María José Arcos desapareceu en Santiago en 1996, un caso polo que foi detido un cámara de RTVE, aínda que quedou en liberdade.

Comentarios