Investigan a El Jueves por un chiste sobre os antidisturbios

A broma apuntaba a que non quedaba cocaína en Cataluña por culpa dos axentes
Imagen con la que El Jueves acompañaba su falsa información
photo_camera Imagen con la que El Jueves acompañaba su falsa información

O Xulgado de Instrución 20 de Barcelona abriu dilixencias contra a revista El Jueves por un presunto delito de inxurias, tras unha denuncia presentada pola Policía Nacional. O chiste, en forma de falsa noticia, rezaba no seu titular: "A continua presenza de antidisturbios acaba coas reservas de cocaína en Cataluña"

Tras admitir a denuncia, o xulgado citou como investigado ao director da revista para o vindeiro mércores 8 de novembro ás 13 horas, segundo informou este venres o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC).

Curiosamente, no seu momento o responsable de redes sociais do Corpo contestou con humor á publicación dicíndolle á revista que se "pasaron da raia".

Comentarios