Investigan un informe médico de Bustamante

Cancelou un recital en Valladolid debido a unha afonía que xustificou cun documento selado nun hospital polo que nunca pasou

Sanidade de Castela e León investiga por que hai un informe con membrete do Clínico de Valladolid que acredita que David Bustamante tiña o pasado sábado unha afonía, que o levou a suspender un concerto no municipio valisoletano de Laguna de Duero, cando en realidade non pasou por ese hospital.

Ese día, 2 de setembro, estaba prevista a actuación de Bustamante en Laguna de Duero, no alfoz de Valladolid, que foi suspendida por presentar o cantante unha "faringoamigdalite aguda acompañada de febre con afectación ás cordas vocais que lle produce afonía".

Así o fixo constar o Concello de Laguna del Duero no comunicado no que anunciou a cancelación do concerto, que se acompañou do correspondente parte médico do servizo de urxencias do Clínico de Valladolid, que inclúe o motivo da consulta, o diagnóstico e o tratamento.

Todo iso nun parte con membrete oficial do Clínico e firma dun facultativo, que no documento facilitado está oculto.

Fontes da Consellería de Sanidade explicaron a Efe que a Xerencia do Clínico analiza as circunstancias polas que hai un informe con membrete oficial dun paciente que non foi atendido no hospital, sen entrar a analizar se é verdade ou mentira o contido do informe.

No comunicado no que o Concello de Laguna del Duero anunciou a cancelación detallouse que a causa da mesma era allea tanto ao consistorio como á promotora do mesmo, Europea D.A.P., e lamentou as molestias que esa suspensión puido provocar ao público.

Comentarios