Iniciativa nas redes para aloxar a afeccionados do Mónaco en Dortmund

Coa etiqueta #bedforawayfans (cama para os afeccionados de fóra), inchas do equipo alemán fan gala de solidariedade cos seguidores do club rival

O club alemán de fútbol Borussia de Dortmund difundiu este martes unha iniciativa nas redes sociais ofrecer aloxamento aos afeccionados do Mónaco que deban pasar a noite na cidade tras suspenderse o partido de ía enfrontar aos dous equipos. O encontro, a ida dos cuartos de final da liga de Campións, foi posposto a este mércores despois de que se rexistrasen tres explosións cerca do autobús do Borussia de Dortmund cando se dirixía ao estadio.

Coa etiqueta #bedforawayfans (cama para os afeccionados de fóra), inchas do Dortmund ofrecen aloxamento aos do Mónaco que non dispoñan de hotel na cidade. As explosións tiveron lugar cando o autobús do Dortmund saía do hotel, provocaron a rotura dos cristais e resultou ferido leve con cortes na man e no brazo Marc Bartra, segundo confirmou o club.

Comentarios