Ingresado en prisión por violar á súa parella e ameazala cunha escopeta

Armas incautadas en el domicilio del presunto agresor (Foto: Toño Parga)
photo_camera Armas incautadas en el domicilio del presunto agresor (Foto: Toño Parga)

Un home de 49 anos de idade, veciño de Monforte e que responde as iniciais E.F.A, foi detido pola Policía Nacional e ingresado en prisión como presunto autor dun delito de violación á súa parella e outro de tenencia ilícita de armas, ao atoparse no seu domicilio un total de seis pezas entre escopetas e pistolas de diferentes tipos e tamaños, ademais de abundante munición.

Os feitos foron denunciados o pasado luns cando a vítima ingresou no hospital comarcal de Monforte e manifestou que a súa parella a violou. A partir de aí e tras unha chamada do centro hospitalario á comisaría da cidade do Cabe púxose en marcha un operativo para buscar ao presunto autor dos feitos e esclarecer o caso.

Nun primeiro momento, e tras recibir a pertinente atención médica, tomouse declaración á vítima, que asegurou que a súa parella a violou o día anterior, é dicir, o pasado domingo, e que a intimidou cunha escopeta.

Segundo manifestaron fontes policiais, entre a parella non mediaban denuncias por agresións de ningún tipo nin ordes de afastamento.

Con todo, ao acusado cónstanlle dúas detencións previas por actividades delituosas, o que permitiu aos efectivos da Policía Nacional pór en marcha un operativo de procura por toda a cidade que deu resultados en poucos minutos. Uns axentes localizaron a E.F.A nun bar do barrio da Florida de Monforte. Alí foi detido e trasladóuselle ás dependencias policiais da cidade.

Sobre esas actividades delituosas previas de E.F.A, non transcendeu o motivo que as causou pero desde a comisaría monfortina aseguraron que non tiñan nada ver co caso actual.

De forma paralela ao operativo de procura do presunto autor da violación, e dado que a vítima nomeara unha escopeta, a unidade da Policía Nacional solicitou unha orde xudicial para entrar e revisar o domicilio do denunciado. O rexistro levou a cabo o martes e no interior da vivenda localizáronse tres escopetas (unha de calibre 12, outra do 16 e outra cos canóns recortados), un revólver inutilizado, unha pistola de 18 mm e unha pistola do 6,35 en mal estado.

Tamén se atoparon dous canóns recortados pertencentes a outras tantas escopetas que non se localizaron e un total de 200 cartuchos do calibre 12 e 62 do calibre vinte. Onte as armas trasladáronse aos laboratorios da Policía Nacional de Lugo co obxectivo de sometelas a diferentes probas e analizar se puideron utilizar noutros delitos.

Ademais, o detido carece de permiso de armas e por iso impútaselle, ademais do delito de agresión sexual, outro de tenencia ilícita de armas.

Durante a xornada de onte o presunto autor dos feitos prestou declaración no xulgado e ingresou en prisión.

Comentarios