A inestabilidade atmosférica traerá chuvascos este martes a Galicia

Mapas del tiempo para este martes en Galicia. METEOGALICIA
photo_camera Mapas del tiempo para este martes en Galicia. METEOGALICIA

Galicia vivirá este martes unha xornada máis con inestabilidade atmosférica, ao que hai que engadir neste día unha entrada de aire cálido de latitudes inferiores. 

Con esta situación, Meteogalicia prognostica unha mañá con nubes altas, crecendo xa nubes de evolución pola tarde, que darán lugar a chuvascos tormentosos

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. 

O vento soprará de compoñente leste, frouxo en xeral, moderado no litoral noroeste. 

Temperaturas
Temperaturas