Industria estuda a documentación presentada para abrir a mina de Cervo

Mina de caolín, entre Cervo y Burela. Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Mina de caolín, entre Cervo y Burela. Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ

A Consellería de Industria confirmou onte que a empresa Área Minera del Atlántico -a antiga Ecesa de Burela- xa remitiu toda a documentación requirida sobre as medidas de seguridade que deben adoptarse para garantir a seguridade dos traballadores na mina de caolín de San Román de Vilastrofe, en Cervo. Nestes momentos, está a ser analizada polos responsables para comprobar que cumpre con todos os requisitos esixidos. A explotación leva pechada desde principios de xaneiro, cando se detectou unha greta no terreo que, a xuízo dos responsables autonómicos, supón un risco para os operarios da canteira.

Sobre o que aínda non avanzou nada a consellería foi sobre os prazos que baralla para reabrir a explotación, aínda que nunha reunión mantida co xefe territorial de Lugo, José Manuel Vázquez Leirado a mediados do pasado mes de marzo polos representantes dos traballadores e o administrador concursal da firma, este aseguroulles que unha vez remitidos os documentos que foran esixidos, a reapertura axilizaríase ao máximo. De feito, tras aquela primeira reunión, os traballadores desen un prazo de quince días para a recuperación da actividade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios