Imputadas tres persoas por lesionar a outra durante unha pelexa nun bar de Sarria

Axentes da Garda Civil imputaron o xoves pola tarde na localidade de Sarria (Lugo) a dous veciños do Incio de 29 e 22 anos e a outro de Samos de 48 anos como presuntos autores dun delito de lesións por agredir a outra persoa nun bar. 

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado día 28 de marzo nun bar da localidade de Sarria, cando no transcurso dunha pelexa as persoas imputadas supostamente lesionaron a un terceiro.

Segundo explica o Instituto Armado, o agredido foi atendido en primeira instancia en centro medico provincial e trasladado mais tarde a un hospital da Coruña para practicarlle unha operación dado as lesións que presentaba.

Furto por apropición indebida

Por outra banda, a Garda Civil imputou ás 16.00 horas do xoves na localidade de Chantada (Lugo) a unha veciña do municipio de 24 anos como presunta autora dunha falta de furto por apropiación indebida.

Na madrugada do 1 de xaneiro o propietario dun teléfono móbil extraviouno no interior dun pub da localidade, atopándoo supostamente a persoa imputada, que quedou con el. Xestións realizadas por axentes da Garda Civil localizaron o terminal, que entregaron ao seu lexítimo propietario.

Comentarios