Hostaleiros da Rúa Duquesa negan estar representados pola súa asociación

Os hostaleiros con negocios na Rúa Duquesa de Alba de Monforte, onde se concentran a práctica totalidade dos locais de lecer nocturno da cidade, están divididos por mor das denuncias veciñais por exceso de ruído e incumprimento dos horarios de peche. Empresarios da zona dixeron non sentirse «representados» pola asociación que funciona nesta rúa desde hai anos, máxime cando, aseguraron, hai sete que a integran, pero que outros tantos están fóra dela ao non interesarlles formar parte da mesma «por diferentes motivos», segundo as fontes consultadas, que non quixeron dar máis detalles respecto diso.

A agrupación hostaleira está integrada por sete establecementos tipo pub, pero fóra hai outros tantos e unha hamburguesería. Por iso, os non integrados declararon que «a nós non nos representan, polo que non entendemos que o Concello teña como únicos interlocutores válidos neste asunto tan problemático aos da asociación».

Neste sentido, lamentaron que ninguén fale con eles para, indicaron, «saber que pasa realmente e cal é a nosa opinión sobre os problemas que se padecen nesta rúa».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios