domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

Historia e soños escritos en pedra

Fuente de Os Pelamios, junto a la estatua de Xosé Diaz Jácome. (Foto: José Mª Álvez)
Fuente de Os Pelamios, junto a la estatua de Xosé Diaz Jácome. (Foto: José Mª Álvez)

DIN QUE Mondoñedo está en decadencia, como o latín e as humanidades. O peche do Seminario Santa Catalina é o paradigma deste tremendo drama. Os agoreiros prognostican que a vella capital de provincia só sobrevivirá se censa a todos os seus santos, pero equivócanse. Aínda que só queden as pedras, as súas estreitas rúas e os seus antigos casaróns sustentan un legado histórico e un imaxinario literario que enfeitizan ás xentes e fana eterna. Realidades e lendas mestúranse para cativar o espírito dos paseantes e converten á cidade nun arquetipo do mito do eterno retorno. Porque a Mondoñedo volvemos sempre as xentes do norte galego para render pleitesía á nosa antiga capital e recrearnos coa esencia da nosa historia vital e cultural.

Este pequeno val entre montañas, a «cunquiña deleitosa» que cantou Leiras Pulpeiro, mantén o seu carácter de cruzamento de camiños. Era e é paso obrigado para aqueles peregrinos que desde Ribadeo se dirixen polo Camiño Norte a Santiago. Na cidade conflúen as rutas que unen A Mariña coa Chaira e a antiga calzada romana de Lindín, ese antigo camiño real de Castela, que desemboca na Ponte do Pasatempo. A outra entrada é a antiga ponte de San Lázaro, o barrio do vello lazareto e a capela con exvotos, únea cos feudos valadourenses do mariscal Pardo de Cela. Por estas vías chegaban os feirantes e gandeiros, as xentes que viñan estudar Letras ou a integrarse nas curias xudiciais e eclesiásticas. Hoxe arriba xente de toda clase e condición desexosa de pasear no centro histórico mellor conservado de Galicia, que viviu alleo á revolución industrial, como unha fiestra aberta ao pasado.

Consiga AQUÍ a información completa

Historia e soños escritos en pedra
comentarios