Ferido un traballador tras ser golpeado por un camión en Pantón

Foi evacuado en ambulancia ao Hospital de Monforte

Un operario resultou ferido este xoves pola mañá ao ser golpeado por un camión mentres traballaba nunha obra no municipio lucense de Pantón.

O accidente laboral produciuse na parroquia de Cangas e o Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia tivo coñecemento do accidente ao redor das 11:20 horas, ao chamar un particular ao 112 para avisar de que un operario fora arroiado por un vehículo.

O 112 avisou do incidente aos bombeiros de Monforte de Lemos, á Garda Civil e ao 061. Logo de recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, o traballador foi evacuado nunha ambulancia asistencial do 061 ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Comentarios