Ferido un motorista tras un accidente en Burela

O home, que xacía inconsciente á beira da moto, foi evacuado ao hospital

Un motorista resultou ferido nun accidente rexistrado coa moto que conducía na mañá deste luns no termo municipal de Burela (Lugo).

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 11,50 horas deste luns en Burela. Foi un particular quen alertou ao servizo de urxencias da presenza dun home inconsciente tirado na vía pública e ao seu lado unha moto.

Por iso, o 112 Galicia requiriu a intervención de persoal sanitario que, tras chegar ao momento, evacuou ao ferido a un centro hospitalario.
Os axentes da Policía Local, os Bombeiros de Barreiros, os membros do GES de Cervo e de Protección Civil de Burela tamén foron alertados polo 112 Galicia.

Comentarios