Ferido grave un vegadense tras pelexarse con outro mozo nun pub de Ribadeo

Un mozo de 34 anos de idade e veciño da localidade vegadense sufriu, a noite do pasado sábado, graves feridas no rostro tras pelexarse con outro veciño da vila ribadense nun pub da Rúa San Roque.

A Garda Civil de Ribadeo investiga e tramita as dilixencias pertinentes, tras a denuncia presentada polo agredido.

O suposto agresor, outro mozo duns 30 anos de idade veciño de Ribadeo, tamén estivo implicado na multitudinaria pelexa que se produciu a noite do pasado fin de ano, xusto enfronte do mesmo pub, situado na rúa San Roque, onde sucedeu o presente suceso.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios