miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

Ferido grave un mozo de 22 anos en Xinzo

Un mozo de 22 anos resultou ferido grave este sábado de madrugada ao saírse da vía co seu coche no concello ourensán de Xinzo da Limia. O suceso rexistrouse ás 3.50 horas no quilómetro 3,5 da estrada OU-301, que conecta os municipios de Xinzo e Bande.

Segundo informou a Garda Civil de Tráfico de Ourense, o mozo, veciño do concello de Porqueira, perdeu o control do seu vehículo, no que viaxaba só, saíndose da estrada en Xinzo.

Ferido grave un mozo de 22 anos en Xinzo
Comentarios