Ferido grave na Pobra do Caramiñal tras estalar preto del un obxecto que ardía nunha fogueira

Un home resultou hoxe ferido de consideración ao queimarse tras estalar un obxecto que ardía nunha fogueira na Pobra do Caramiñal, informa Urxencias 112.

O accidente ocorreu esta tarde, ao redor das seis, no lugar de Pontenaveira, desde onde o ferido foi trasladado en helicóptero con base en Compostela.

Tamén en Val do Dubra resultou ferido un traballador ao precipitarse desde o tellado dunha casa na que estaba a traballar.

A pesar da gravidade do impacto, o ferido mantívose consciente en todo momento.

Comentarios