Ferida unha persoa ao caer co coche por un desnivel en Moaña

O accidente produciuse na zona de Broullón

Unha saída de vía rexistrada este luns de madrugada no municipio pontevedrés de Moaña saldouse cunha persoa ferida. O vehículo caeu por un pequeno desnivel, na zona de Broullón.

Foi unha persoa particular a que se puxo en contacto co 112 Galicia ás 5,10 horas deste luns.  O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Morrazo e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios