Ferida unha moza tras unha saída de vía en Xinzo

Tivo que ser excarcerada e evacuada en helicóptero a un centro hospitalario

Unha moza foi evacuada hoxe en helicóptero a un centro hospitalario, con prognóstico reservado, tras quedar atrapada no interior dun vehículo por mor dunha saída de vía no lugar de Gundín, no termo municipal de Xinzo de Limia (Ourense).

Segundo informou Urxencias, a moza tivo que ser excarcerada, tras quedar atrapada do interior do turismo, e, unha vez liberada, foi atendida e evacuada polo equipo médico.

Estas mesmas fontes indicaron que varias testemuñas informaron de que a condutora, tras saírse da vía, envorcou co seu vehículo, o que impediu a evacuación.

Foi un particular o que alertou sobre as 10:00 horas do accidente a Urxencias, quen activou un operativo de rescate no que, ademais dos efectivos do parque comarcal, participaron Urxencias Médicas, Protección Civil de Xinzo e a Garda Civil de Tráfico.

Comentarios