A Garda Civil achou onte nun monte pontés o corpo sen vida de María Encarnación Ferro Varro, a octoxenaria desaparecida na localidade en marzo do ano pasado.
Tras 14 meses sen rastro dela e con poucas esperanzas xa de atopala, as alertas saltaron onte pola mañá cando varios membros do club de montaña pontés O Caxado atoparon diversas pezas de roupa nunha bolsa nunha zona de difícil acceso cando realizaban tarefas de roza para acondicionar unha ruta de sendeirismo.