Grupos de manifestantes provocan varios altercados no centro de Barcelona

A marcha polo centro de Barcelona en apoio ao centro social Can Vies do barrio de Sants disolveuse pasadas as 22.00 horas e unha parte dos manifestantes dividiuse en grupos que están a provocar incidentes e altercados, segundo informaron os Mossos d'Esquadra.

Entre os principais incidentes, destaca a queima de colectores na rambla do Raval con coa rúa Hospital e na avenida Drassanes.

Estes altercados provocaron a intervención de efectivos das unidades antidisturbios da policía autonómica, que levaron a cabo actuacións de ''contención''.

Os incidentes producíronse despois de que a manifestación en protesta polo desaloxo de Can Vies percorrese desde pouco logo das 19.00 horas varias rúas do centro da cidade de xeito pacífico.

Os Mossos d'Esquadra, que despregaron un amplo dispositivo para controlar a protesta, impediron aos manifestantes subir polas Ramblas, polo que estes tiveron que variar o percorrido, que non fora comunicado previamente ás autoridades.

Comentarios