Grans de area para o deserto

Entrega de ayuda en el desierto (Foto: EP)
photo_camera Entrega de ayuda en el desierto (Foto: EP)

Un pontés e catro chairegos participan nunha ruta de axuda humanitaria por Marrocos. Fernando Pita, José Pernás, Óscar Crecente, Ivo Teijeiro e Olaf Dupre narran a súa experiencia nunha aventura que «engancha» e convértese nunha «lección de humildade»

tomaron rumbo ao deserto cun obxectivo solidario: achegar o seu graniño de area e vivir unha experiencia que ningún deles esquecerá xamais. Algúns visitaban Marrocos por primeira vez, outros repetían unha aventura que, coas súas durezas e as súas satisfaccións, «engancha».

Un pontés, Fernando Pita, e catro chairegos -José Pernás, Óscar Crecente, Ivo Teijeiro e Olaf Dupre, un alemán asentado na parroquia vilalbesa de Oleiros desde hai anos-, todos amantes dos 4x4, sumáronse a unha iniciativa solidaria que a asociación humanitaria Destino ao Deserto organiza desde hai anos: percorrer as poboacións rurais do Magreb para levar roupa, calzado, xoguetes, material escolar, medicamentos ou lentes aos lugares máis afastados, perdidos entre montañas de area.

TURISMO SOLIDARIO
Os participantes corren con todos os gastos

Os participantes nesta viaxe solidaria pagan eles todos os gastos da súa aventura, na que gozan de grandes percorridos en 4x4, ao mesmo tempo que se embarcan nun proxecto de axuda humanitaria. «Non temos ningunha axuda das administracións. É algo que nos custeamos nós, que imos en calidade de invitados de Destino Axuda do Deserto», explica Pernás. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios