GH Revolution contará con dous galegos

Quedan fóra do programa os outros catro candidatos galaicos que optaban a participar nesta edición

A décimo oitava edición de Gran Hermano (Revolution) contará finalmente coa presenza de dous galegos entre os vinte concursantes seleccionados, a ribeirana Miriam Santiago e o vigués Rubén Valle. Foron descartados os outros catro aspirantes galaicos, entre os que se atopaba o viveirense Dimas Blanco.

O programa, cuxa cabeza visible será por segundo ano o presentador Jorge Javier Vázquez, brindou aos telespectadores, como vén sendo habitual, unha maratoniana gala chea de sorpresas e supostos cambios de guion.

Nesta edición haberá representación galega por partida dobre. O vigués Rubén Valle, de 21 anos é un técnico superior en automatismos e robótica industrial tense como un mozo "botado para adiante" e un tanto tontorrón. Defínese como unha persoa familiar e recoñece que o seu pais llo deron todo e coa súa ansiada entrada no reality de Telecinco pregúntase por quen me fai a cama polas mañás". Di ser moi fachendoso, cunha primeira imaxe de chulo e ter moito éxito coas mozas pero "non consigo abrirme a elas".

Miriam Santiago é a outra representante da Comunidade, trátase dunha ribeirana de 21 anos que estuda un ciclo medio de comercio e é dependenta de tenda multimarca e instrutora de artes marciais. Unha das súas maiores paixóns son as artes marciais, chegando a ser campioa mundial ao gañar o ouro de Sicilia en 2010. Recoñece ser unha moza fachendosa, moi consentida e á que lle encanta "ser o centro de atención".

Fóra quedaron o estradense Manuel Carbón, o coruñés Cristian García,  o oleirés Christian López e o viveirense Dimas Blanco, cuxo soño de entrar en Gran Hermano para "ser unha diva" terá que esperar.

Comentarios