Gonzo visitou o cole de Riotorto

MAR2901P14F3.JPG
photo_camera MAR2901P14F3.JPG

UN reporteiro dos máis temidos de España neste momneto seguramente será Gonzo. As súas aparicións no 'Intermedio', o programa do Gran Wyoming, non deixan nunca indiferente a ninguén, porque combina temas socialmente moi candentes coa valentía, e ás veces caradura, de plantarse ante quen faga falta a pedirlle explicacións. E se non, que lle pregunten a Gallardón. Pois a semana pasada, o propio Gonzo estivo de visita na comarca, concretamente en Riotorto, que realmente foi a súa localidade natal. Fíxoo para acudir a unha charla invitado pola dirección do colexio de Riotorto, cuxo responsable é Óscar Díaz Queizán.

A intervención do reporteiro, que foi o venres día 25, consistiu en explicarlle ao alumnado do centro de ensino riotortense en que consiste exactamente o seu traballo, comezando por como é o proceso de elaboración unha reportaxe, e tamén de contarlles aos nenos iso que é tan difícil de saber desde fóra, que é quen son todas as persoas que interveñen nesa elaboración e que ao final quedan todas ocultas polo rostro que vemos na pantalla, neste caso, Gonzo.

Ademais, o profesorado do centro acompañoulle a percorrer as súas instalacións e explicáronlle cales son os proxectos educativos nos que está a participar este centro de ensino.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios