Golpes con sentido

Planas, a la derecha, junto a Fernández Guerreiro. (Foto: J.MªÁlvez)
photo_camera Planas, a la derecha, junto a Fernández Guerreiro. (Foto: J.MªÁlvez)

O pavillón Vista Alegre acollerá mañá un gran curso de artes marciais nas modalidades de kick-boxing, K-1 e Muay thai, que contará coa presenza de dous campións do mundo, César Córdoba e Manolo Planas. A actividade está organizada polo club de kick boxing da Mariña e constará dunha sesión de mañá e outra de tarde. O horario matinal será de once da mañá a unha da tarde, e o vespertino, entre as catro e as seis.

O barcelonés César Córdoba conta cun palmarés de luxo en varias modalidades, sendo dúas veces campión do mundo de muay thai e tres veces campión de Europa. Os seus logros tamén inclúen o campionato nacional de K-1, boxeo, full-contact e kick-boxing.

O currículo de Planas non é menor, con títulos mundiais de kick-boxing, desde o ano 1999 ata o 2001 e unha chea de títulos nacionais. Ademais, foi o creador do programa de reinserción a través do Deporte na prisión de Teixeiro e recibiu a medalla de prata ao mérito deportivo no ano 2010, de mans da infanta Elena.

Tamén estará presente na cita José Manuel Fernández Guerreiro, o gran impulsor mariñán de kick-boxing nos últimos anos, que conta no seu haber con títulos nacionais e que imparte clases no club da Mariña.

Os interesados en participar no curso deberán abonar dous euros e aínda poden apuntarse chamando ao número de teléfono 616.86.43.12 (a partir das tres da tarde). Tamén se pode conseguir maior información.

Comentarios