Gayoso sae de prisión

A Audiencia Nacional decretou hai uns días a posta en liberdade do banqueiro
Julio Fernández Gayoso
photo_camera Julio Fernández Gayoso

Julio Fernández Gayoso, expresidente de NovacaixaGalicia, saíu este venres da prisión pontevedresa da Lama, despois de que a Audiencia Nacional decretase hai uns días a súa posta en liberdade ao valorar o seu bo comportamento e a súa avanzada idade: 85 anos. 

O exbanqueiro ingresou en prisión en xaneiro para cumprir unha condena de dous anos polas indemnizacións millonarias cobradas polos exdirectivos da entidade. Só estivo seis meses no presidio. Agora colaborará coa Fundación Érguete, a entidade creada en 1985 por Carmen Avendaño para axudar a persoas con problemas de adicción ás drogas, onde colaborará en cuestións "relativas á contabilidade".

Comentarios