Garabullos inicia o 23 o seu programa otoñal cunha xornada dedicada á castaña

A granxa escola Garabullos de Sistallo (Cospeito) iniciará o vindeiro sábado, día 23, un ciclo de actividades relacionadas coa natureza e o medio ambiente.

A primeira proposta será a celebración dunha Xornada de exaltación da castaña, na que os participantes realizarán unha ruta interpretativa que dará paso a un taller no que se cociñarán estes froitos de outono de moi variados xeitos.

Esta iniciativa poderase complementar cunha estancia nocturna e outra actividade programada para a mañá do domingo 24, dedicada ao pan. Neste encontro poderán participar maiores de 14 anos ou menores acompañados por un adulto ata completar unha oferta de 24 prazas.

Ata finais de ano, Garabullos organizará tamén encontros sobre micoloxía, unhas xornadas de formación de astronomía en colaboración co proxecto da USC ‘Astronomía na beirarrúa', un fin de semana de aventura ou un taller de orientación.

Para solicitar máis información ou para facer unha reserva pódese enviar un correo electrónico á granxa ou chamar ao número de teléfono 600.03.49.07.

Comentarios