Galitec fará o centro de día vicedense por 300.000 euros

Ten oito meses para executar a obra financiada pola Deputación e o Concello
Jesús Novo
photo_camera Jesús Novo

A mesa de contratación do Concello do Vicedo reuniuse este mércores para a apertura das ofertas presentadas para o acondicionamento da antiga casa do mar como centro de día. A actuación recaeu sobre a firma Galitec, que fixo unha importante mellora sobre o prezo de licitación, segundo indicou o alcalde, Jesús Novo Martínez.

A actuación adxudicouse por uns 300.000 euros, cantidade que inclúe o Ive e o mobiliario. O Concello solicitou a posibilidade de acollerse a un anticipo dos fondos asignados para esta obra, polo que a mesma acometerase toda seguida, aínda que a subvención concedida é bianual. Os fondos destinaranse á reforma do soto e a primeira planta, ademais de crear oficinas no segundo piso, así como ao equipamento e mobiliario.

O goberno local aproveitou esta circunstancia para incluír o acondicionamento da segunda planta. O centro de día, que contará con 22 prazas, será unha realidade durante o próximo ano, aínda que é posible que a súa entrada en funcionamento se demore ata o 2018.

Comentarios