Fútbol con retranca

O sentido do humor estivo moi presente no campo de fútbol de Cervo, onde se celebrou un divertido partido entre solteiras e casadas que formou parte da programación das festas das Dolores. O partido estivo arbitrado polo 'colexiado' Afonso Villares e contou cunha gran afluencia de público. O duelo leváronllo as solteiras por goleada (4-1) despois de que Nuria, Marta e Carla, por partida dobre, conseguisen anotar. O único gol das casadas marcouno Lila. O choque converteuse nunha imitación dos famosos Madrid-Barcelona, xa que se puido ver a un espontáneo emulando a Jimmy Jump e tamén revoltas nos bancos ao máis puro estilo do sucedido entre Mourinho e Perico Vilanova, aínda que protagonizadas en ton xocoso por Simón e Rafa.

teatro en burela. O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, fixo entrega dos diplomas acreditativos para os participantes no curso de interpretación que a actriz Lucía Regueiro realizou en Burela. Este complemento formativo foi moi ben acollido, xa que se completaron todas as prazas dispoñibles.

Sardiñada en Celeiro. As asociacións Penalba e Colectivo Chilindrín realizou o pasado sábado o seu tradicional sardiñada de final de verán. Á cita acudiu un gran número de veciños do municipio, que gozaron deste manxar e compartiron anécdotas. A comida estendeuse ata máis aló das dez da noite.

Comentarios