jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Fóra coa tensión

Exhibición de taichi en Viveiro. (Foto: AMA)
Exhibición de taichi en Viveiro. (Foto: AMA)

Nos apresurados tempos que corren non vén mal reservar un pouco de tempo para a desconexión física e emocional. O taichi é unha disciplina milenaria, que ademais está en auxe nos últimos anos e que serve a ese propósito. A Sala 5, situada en Covas, acollerá o vindeiro sábado, día 23, a partir das once da mañá e ata a unha, a clase de iniciación dun curso de taichi.

O monitor de artes marciais da asociación Keiko José Manuel Bellas impartirá esta actividade. O profesor tamén dá clases de kárate infantil e adulto no ximnasio Olympo, situado en Lodeiro, así como de taichi no Gym Olympo da Misericordia, en Sala 5 e na Casa do Forno de Celeiro.

Consiga AQUÍ a información completa

Fóra coa tensión
Comentarios