Fruticultores mariñenses estudan a venda de mazás para elaborar sidra galega

Unha empresa de Chantada, propiedade de Hijos de Rivera, garante un prezo competitivo e constante para os que vendan a súa produción e anima a cultivar en ecolóxico pola gran demanda que ten para o mercado internacional
Productores siguiendo la charla de Olmedo
photo_camera Productores siguiendo la charla de Olmedo

Fruticultores do Valadouro e Alfoz estudan a opción de vender a súa produción de mazá para a fabricación de sidra galega, un cultivo cunha gran saída e unha boa rendibilidade, segundo aclarou José Luís Olmedo, o xestor de produción de I+D+i de Hijos de Rivera Investimentos Corporativos, empresa que xestiona unha sidrería en Chantada e que este sábado se reuniu con produtores locais.

Mil produtores venden xa para Custom Drinks, que elabora oito tipos de sidra utilizando unicamente variedades de Galicia

O encontro, realizado no marco das actividades promovidos pola asociación local Afruval, serviu para analizar as alternativas que ofrece a firma Custom Drinks e dos procesos de investigación que levan a cabo con diferentes variedades autóctonas de mazá de sidra. "Só compramos mazá galega", asevera o responsable da empresa, que xa conta cun milleiro de produtores. 

Olmedo asevera que entre as vantaxes que ofrece a marca está a garantía de contar cunha saída para a produción a un prezo competitivo e constante, pois "non entramos no xogo dos prezos e a flutuación do mercado". A produción en ecolóxico é unha das máis demandadas, "pola gran saída que ten, sobre todo, para o mercado internacional", recalca o responsable, quen sinala que variedades como rabiosa, pero e verdeña son as máis existosas. 

Maeloc é a marca baixo a que vende a sidrería, aberta baixo outra dirección en 1999. Na actualidade, teñen no mercado oito tipos de sidra, tres delas ecolóxicas, aínda que só unha natural, a clásica de escanciar. Esta variedade, ademais da extra –a espumosa típica de Nadal– e a de sabor a pera, foron as tres degustadas na cata que se incluíu na xornada do sábado. 

Os fruticultores ven moi positiva a charla, aínda que aínda terán outras reunións antes de decidir o paso a dar, aínda que si son partidarios da especificación nos cultivos como o mellor xeito para poder competir en cantidade e calidade no mercado actual.

Comentarios