Fruga alerta dunha ''praga'' de xabarís en Galicia

Inicio de la campaña de recogida de firmas (Foto: FRUGA)
photo_camera Inicio de la campaña de recogida de firmas (Foto: FRUGA)

O portavoz da Federación Rural Galega (Fruga) en Lugo, Elías Somoza, alertou este xoves en rolda de prensa dunha "praga" de xabarís na comunidade galega e lamenta que a Xunta non a tivo en conta.

Somoza aludiu a unha "praga inmensa", e na provincia de Lugo cifra a cabana de porco salvaxe por encima dos 50.000 exemplares. Por iso, reclama que se adopte "algún tipo de medida" para reducir este número, sobre todo polos danos que está a causar nos cultivos de millo e en pasteiros.

Engadiu que chega a ser tan "numerosa" a presenza de xabarís que "andan por un poboo da área metropolitana da Coruña, atacan campos de fútbol e polas inmediacións do Hula en Lugo". "Hai que tomar medidas contra esta praga ,que é incompatible coa actividade agrogandeira do país", subliñou.

Por iso, Fruga lanzou a unha campaña de recollida de firmas para que tome cartas no asunto o goberno de Alberto Núñez Feijóo, a quen lle reprocha que desde que foi investido presidente en 2009 "non se volveu a pagar ningunha axuda por danos da fauna salvaxe".

Comentarios