miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

Unha fronte fría traerá choivas este domingo

Mañá domingo Galicia queda cunha réxime de ventos do suroeste que traerán unha fronte fría ao final da xornada, segundo Meteogalicia.

Así, espéranse ceos parcialmente cubertos, con máis nubes na franxa atlántica onde se poderá rexistrar algunha choiva intermitente ao longo do día. Pero será pola noite cando chegarán as choivas asociadas á fronte, máis intensas na metade oeste. 

As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste, frouxos pola mañá, aumentando en intensidade pola tarde, e fortes no litoral noroeste. 

Os principais indicadores das temperaturas son os seguintes:
A Coruña 15° 22°

Ferrol 16° 23°

Lugo 13° 21°

Ourense 14° 24°

Pontevedra 16° 23°

Santiago de Compostela 15° 19°

Vigo 17° 23°.

Unha fronte fría traerá choivas este domingo
comentarios