Francisco Conde: Xermade é un ''referente'' internacional na tornería de madeira

Un artesano enseña un trabajo a Conde (centro) y Rodríguez (Foto: C. PÉREZ)
photo_camera Un artesano enseña un trabajo a Conde (centro) y Rodríguez (Foto: C. PÉREZ)

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, constatou este venres en primeira persoa a capacidade de convocatoria que ten o Encontro de Torneiros de Galicia, que desde o xoves e ata este domingo converte a localidade chairega de Xermade na "capital da tornería da madeira".

O conselleiro asegurou que a cita xermadesa é todo un "referente", non só a nivel galego, senón tamén español e internacional, como o demostra a presenza habitual de relatores internacionais.

"É importante recuperar e pór en valor unha artesanía moi ancorada na tradición de Galicia", precisou Francisco Conde.

O máximo responsable galego de economía e industria estivo acompañado, entre outros, polo alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias.

Comentarios