Fran Sol sofre un cancro testicular

O exdianteiro de Real Madrid, CD Lugo e Vilarreal, actualmente no Willem II holandés, será operado este mesmo xoves

Fran Sol, dianteiro español do Willem II holandés e ex de Real Madrid, CD Lugo e Vilarreal, sofre un cancro testicular, segundo informou este xoves o seu actual club. 

Sol, de 25 anos, será operado este mesmo xoves logo de detectárselle o tumor nunha revisión a principios de semana. 

"Imos afrontalo con esperanza, forza e confianza. Esperamos respecto para a nosa familia. O apoio que recibimos do club é moi importante para nós e agradecémosllo", dixo o dianteiro centro, segundo difundiu o Willem II.

Sol formouse na canteira do Real Madrid, na que destacou pola súa facilidade de cara a portería. Na tempada 2012/2013 saíu cedido ao CD Lugo, co que disputou 12 partidos e anotou un gol. Non convenceu e no mercado invernal baixou unha categoría, a Segunda B, para enrolarse nas filas do Oviedo. De aí volveu ao Real Madrid C para despois fichar polo Vilarreal B, de onde deu o salto a Holanda esta tempada. En nove partidos co Willem II sumaba seis goles.

Comentarios