Redacción gañadora da XXI edición dos 'Premios muralla'

Forte coma unha muralla

ANTÍA era unha nena de once anos que vivía nun pequeno piso en Lugo. Aquel piso, frío, húmido, con paredes despintadas e mobles practicamente rotos, era un lugar no que a pequena Antía sentía inseguridade, sentía medo, era o lugar no que máis débil se sentía. Pero había algo nese húmido piso en Lugo, algo ao que a pequena recorría cada vez que sentía ese medo: unha ventá.

Cando Antía se sentía así, débil e triste, aquela ventá era o seu apoio. Sabes por que? Porque cando Antía abría esa ventá, vía aquelas murallas, as murallas de Lugo. Porque ela quería ser coma elas: quería ser forte. Quería que cada vez que lle gritaron, que a insultaron ou que a feriron puidera soportar todo iso e facer coma se pasara nada, como se non se lle partira o corazón.

Pola noite, cando non podía durmir, abría a ventá. E Antía observaba aquelas murallas, imaxinando que era a única que podía escalar por elas e conquistalas, imaxinaba que era a nena máis feliz do mundo. E así, cos ‘cri, cri’ dos grilos soando de fondo e coa luz da Lúa xusto encima das murallas, Antía quedaba durmida naquela ventá, soñando con que era a nena máis forte do mundo.

Pola mañá, Antía espertaba do seu soño cando unha suave brisa mañaneira acariñáballe a cara. Entón, vestíase, collía a mochila e iba á cociña. A súa nai non espertaba á hora á que tiña que prepararlle o almorzo á súa filla, pero Antía collía unha mazá que comía de camiño ao colexio.

Tristemente, a Antía non lle gustaba a escola. Isto debíase a que, para Antía, a escola era un lugar complicado, un lugar confuso, un lugar no que as súas preguntas nunca tiñan resposta, un lugar no que Antía se sentía débil e triste. Os profesores trataban de axudala a comprender mellor as explicacións, pero acababan deixando a Antía con todas a súas dúbidas, porque pensaban que perdían o tempo explicándolle unha leción que, segundo eles, "xamais entendería unha nena coma ela".

Antía non tiña moitos amigos, porque todos consideraban que unha nena coma ela era "rara", pero Antía dáballe a volta a esa palabra e convertía "rara" en "especial". E si, Antía era moi, moi especial.

Ao chegar á casa, Antía deixaba a mochila na súa habitación e baixaba ata o garaxe, na súa plaza estaba a bicicleta que lle regalara a súa avoa.

Antía salía coa bicicleta cunha mazá, un bocadillo e unha botella de auga na cesta para repoñer enerxías despois de pedalear moito. E saía do garaxe e empezaba a dar voltas arredor das murallas. Era a mellor sensación do mundo para ela, ir pedaleando contemplando aquelas murallas, imaxinando que era tan forte coma elas, mentres unha brisa acariñaba o seu pelo.

Cando Antía vía a panadería dos irmáns Ximénez, dábase conta de que xa estaba moi lonxe e daba media volta. Ao chegar á entrada das murallas, sentábase nun banco a comer e logo paseaba polo interior do precioso monumento ata que fora hora de volver á casa.

E así era a rutina de Antía. Polas tardes, olvidábase do mundo dando voltas coa bicicleta mentres imaxinaba a esa nena forte, que non deixaba que nada nin ninguén lle ferira e entraba ao interior desas murallas e saudaba a todas as persoas que, ao igual que ela, paseaban por alí para olvidarse do mundo e dos problemas disfrutando dun paseo no interior das fortes murallas. E así era a vida de Antía, a vida dunha nena que quería ser forte, porque pensaba que era débil, que non cría ser tan forte como as murallas de Lugo.

Ao día seguinte, na escola, o profesor explicou que os alumnos deberían investigar e escribir unha redacción sobre a función das murallas de Lugo e ao día seguinte terían que ler a súa redación a toda a clase.

Ao escoitar a palabra "redacción" case toda a clase empezou a queixarse. Todos menos Antía, que estaba contentísima de facer aquel traballo. Así que, nada máis chegar á casa, Antía colleu un lapis e un papel e marchou directa ao interior da muralla, pois alí encontraría información para o seu traballo. Antía gardou o lapis e a folla de papel nuna bolsa que logo meteu na cesta e saíu do garaxe cara a unha entrada da muralla.

Ao chegar encontrou, coma de costume, a Antonio, un ancián que apenas salía de alí e que coñecía a historia das murallas mellor que ningúén. Antonio contaballe historias sobre as murallas a Antía desde pequena e sobre como ninguén a conquistou.

Despois de contarlle a Antonio en que consistía o traballo, este empezou a dicirlle a Antía todo o que sabía das murallas mentras que ela apuntaba. Ao chegar á casa, Antía pasou a limpo o que escribira antes. Mentres escribía ía lendo a historia da muralla de Lugo, de como fora construída para protexer o pequeno pobo de Lucus Augusti. Nese momento, Antía abriu a ventá para ver aquelas murallas e deuse conta dunha cousa: ela non era débil, era a nena máis forte do mundo. Decatouse de que, ao igual que a muralla de Lugo protexía ao pobo, ela era unha muralla que protexía algo moi valioso: o seu corazón. E así, Antía decatouse de que era a nena máis forte do mundo. Era responsable, que coidaba de si mesma, unha nena valente, alegre e, sobre todo, forte como unha muralla.

Mentres lía a historia das murallas de Lugo, sentiuse tan forte como elas. E volveu darse conta diso, de que "rara" era especial, de que "débil" era forte, de que ela era esa "muralla" que gardaba o maior tesouro do mundo que algúns menosprezaban: o seu corazón.

comentarios