lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Fomento abre outro tramo da A-8 en Asturias e apura a súa finalización

El presidente de Asturias, Javier Fernández, saluda a la ministra de Fomento en presencia del delegado del Gobierno, Gabino de Lorenzo. Foto: EFE / ALBERTO MORANTE
El presidente de Asturias, Javier Fernández, saluda a la ministra de Fomento en presencia del delegado del Gobierno, Gabino de Lorenzo. Foto: EFE / ALBERTO MORANTE

A ministra de Fomento, Ana Pastor, inaugurou o penúltimo tramo asturiano da autovía do Cantábrico (A-8), polo que circularán 12.000 vehículos diarios, entre A Franca en Ribadedeva e Pendueles, en Llanes. A mandataria confirmou que este ano finalizarán as obras da Transcantábrica en Asturias e que tan só un ano despois, en 2015, culminarán por completo, entre A Coruña e Irún. Coa posta en servizo deste traxecto, só restan catro quilómetros entre A Franca e Unquera para concluír a infraestrutura ao seu paso pola comunidade autónoma asturiana. O Goberno está a investir máis de 159 millóns de euros no percorrido entre Pendueles e Unquera.

Pastor tamén inaugurou este xoves un subtramo de pouco máis de dous quilómetros entre Solares e San Vitores, xa en Cantabria. Nesta comunidade quedan por pór en servizo 27,8 quilómetros.

Nos discursos, a ministra non se referiu ao accidente ocorrido o sábado 26 de xullo no Fiouco, nun tramo da A-8 entre Abadín e Mondoñedo (Lugo), no que morreu unha muller nunha colisión múltiple causada pola néboa. A el si se referiu este venres o alcalde de Mondoñedo, o nacionalista Orlando González. O rexedor volveu reclamar melloras na autovía A-8, no tramo comprendido entre Abadín e o seu municipio. Recordou que a propia ministra de Fomento prometeu facer unha "autovía intelixente", polo que espera que "estean a buscar algunha solución para darlle saída a isto".

De todos os xeitos, o rexedor ironiza con que "os Reis Meigos pasan" e avoga por que se lle dean "solucións". Así, sostén que "o da autovía intelixente" non sabe "o que se quere dicir", pero destaca que "hai que ser intelixentes os que tomen as medidas para solucionar o problema".

Fomento abre outro tramo da A-8 en Asturias e apura a súa finalización
comentarios