Florentino Pérez, en 'El Larguero': "A arbitraxe española é mellorable"

O presidente do Madrid ofreceu unha entrevista na que repasou os temas máis candentes da actualidade branca

O máximo dirixente do Real Madrid, Florentino Pérez, ofreceu unha entrevista para o programa El Larguero da Cadena Ser na madrugada deste venres, na que reiterou o seu malestar polas actuacións arbitrais, que cualifica de "mellorables".

"O tema arbitral é susceptible de ser mellorado", dixo Pérez, ao mesmo tempo que pedía un castigo maior para os xogadores que "enganan ao árbitro". "Aquí un futbolista engana ao colexiado e non pasa nada; a outros lle meten cinco partidos –en alusión a Cristiano Ronaldo–", denunciou.

Asímismo mostrouse partidario de aplicar o sistema de videoarbitraxe (VAR), para reducir a "discrecionalidade" das decisións dos árbitros.

"Na miña primeira etapa iría a fichar a Messi, porque buscabamos ese tipo de xogadores"

ISCO E ASENSIO. Ademais o presidente branco anunciou de forma oficiosa a renovación de Isco, un dos activos máis importantes do equipo, algo que se anunciará "nos próximos días".

Tamén tivo palabras para Marco Asensio, outro dos homes de moda no madridismo. "Non se iría do Real Madrid nin aínda que a cláusula fóra de 10 millóns porque é moi feliz aquí", dixo Florentino Pérez nos micrófonos da Ser.

FICHAXES. O máximo mandatario merengue recoñeceu "contactos" este verán por Kylian Mbappé, que finalmente acabou recalando no PSG por uns 180 millóns de euros, unhas cifras ás que descartou chegar para contratar a un futbolista.

"Pódese comprar por 180 ou 200 millóns, pero iso perturbaríanos máis do que nos axudaría", afirmou.

A modo de curiosidade tamén se referiu a Leo Messi, do que dixo que intentaría fichalo se estivese na súa primeira etapa, porque "buscabamos ese tipo de xogadores".

CRISTIANO. Florentino insisitió en que Cristiano Ronaldo nunca lle transmitiu a súa vontade de irse e que só lle escoitou dicir que "está no mellor club do mundo".

Iso si, o presidente non quixo aclarar se o dianteiro portugués pediulle un aumento de soldo para solucionar os seus problemas fiscais.

Comentarios