Flavio Briatore e Pat Symonds deixan Renault

A escudería ING Renault F1 emitiu un comunicado no que se indica que o director da mesma, o italiano Flavio Briatore, e o director técnico, Pat Symonds, abandonaron a mesma.

No breve comunicado tamén indica a escudería que non contestará as recentes alegacións feitas pola FIA relativas ao Gran Premio de Singapur do pasado ano e engade que antes de comparecer ante o Consello Mundial da Federación Internacional do Automóbil (FIA) do próximo luns, o equipo non fará ningún comentario.

Deste conciso xeito, no que non se indica se os despediron desde Renault Francia, ou foron eles os que tomaron a porta de saída, ponse punto e final á polémica xurdida tras a acusación de Nelson Piquet, na que o piloto brasileiro afirmaba que o equipo Renault ordenáralle ter un accidente no Gran Premio de Singapur do ano 2008 para favorecer a vitoria de Fernando Alonso.

Comentarios