Fin de semana de ceos cubertos e abundantes choivas en Galicia

O sábado Galicia estará baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste de Irlanda e unha fronte estacionario asociado afectará á comunidade, segundo a previsión de Meteogalicia. Haberá ceos cubertos con choivas persistentes, máis intensas na franxa atlántica.

O domingo esta fronte irá abandonando a comunidade, de modo que se esperan algúns chuvascos pola mañá, que irán remitindo progresivamente e o luns os ceos estarán xa máis despexados.

Mínimas e máximas previstas para este sábado
A Coruña     15°     17°

Ferrol     14°     16°

Lugo     13°     15°

Ourense     14°     20°

Pontevedra     14°     18°

Santiago de Compostela     13°     15°

Vigo     14°     18°

Comentarios