Fidel Castro, un dos 'Galegos Universais' da editorial Hércules Edicións

O libro, coordinado por Afonso Eiré, foi presentado no marco do Culturgal

Hércules Edicións presentou este sábado, no marco do Culturgal, a obra Galegos Universais, unha publicación que recolle a vinculación a Galicia de personaxes da Historia Universal e na que se atopa, entre outros, o recentemente falecido líder cubano Fidel Castro.  Ademais de Castro, a historia presenta a Prisciliano, o arcebispo Xelmírez, Cristóbal Colón e Simón Bolívar, cuxas vidas son analizadas por varios autores.  

"Non son só cinco biografías, senón cinco relatos da importancia que os galegos tiveron no mundo nos últimos 2.000 anos", afirmou o editor Francisco Rodríguez Igrexas. O libro está coordinado por Afonso Eiré.

Comentarios