Fidel Castro, un dos 'Galegos Universais' incluídos no último libro de Hércules Ediciones

Hércules Edicións presentará este sábado, día 3, no marco do Culturgal, a obra Galegos Universais, unha publicación que recolle a vinculación a Galicia de personaxes da Historia Universal e na que se atopa, entre outros, o recentemente falecido líder cubano Fidel Castro.

Ademais de Castro, a historia presenta a Prisciliano, o arcebispo Xelmírez, Cristóbal Colón e Simón Bolívar, cuxas vidas son analizadas por varios autores. "Non son só cinco biografías, senón cinco relatos da importancia que os galegos tiveron no mundo nos últimos 2.000 anos", afirmou o editor Francisco Rodríguez Iglesias. O libro está coordinado por Alfonso Eiré.

Comentarios