Viernes. 25.05.2018 |
El tiempo
Viernes. 25.05.2018
El tiempo

Festivo con ceos despexados e temperaturas en ascenso

Este xoves persistirá a influencia das altas presións sobre Galicia, con entrada de aire cálido desde o sur peninsular. Deste xeito, o ceo estará en xeral pouco anubrado ou despexado, excepto no terzo norte onde o vento do nordés acumulará nubes baixas no norte da provincia de Lugo e comarca de Bergantiños. 

Mentres, durante a tarde crecerán nubes de evolución no interior da Comunidade galega, que ocasionalmente deixarán algún chuvasco tormentoso. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado do nordés con intervalos fortes na Costa da Morte ao final do día. 

Pola súa banda, as temperaturas ascenderán lixeiramente. Deste xeito, as máximas subirán até os 29 graos en Ourense e Pontevedra, mentres os valores mínimos descenderán até o sete en Lugo. 

Festivo con ceos despexados e temperaturas en ascenso