Fernando Simón: ''Non está enferma, non vai contaxiar; ata dentro de dous días non ten posibilidade de desenvolver ningún síntoma''

A cooperante de Médicos Sen Fronteiras que está a ser trasladada desde Malí ante a sospeita de que puideset erse contaxiado de ébola "non está enferma e non vai contaxiar a ninguén ", afirmou o portavoz do comité especial para a xestión da crise do ébola, Fernando Simón.

Simón, que ofreceu hoxe desde a Moncloa explicacións sobre a operación que se está desenvolvendo para traer a España á cooperante, explicou que o avión no que viaxa podería chegar pola mañá á base de Torrejón de Ardoz (Madrid) ou Barajas.

A picada que sufriu a cooperante perforou a luva protectora de goma e a agulla penetrou o tecido epidérmico, polo que, segundo Simón, existen posibilidades de que se produza a infección.

O virus que ocasiona o ébola, que ocasionou preto de 5.000 mortes, case todas en África, considérase un dos mais agresivos.

A cooperante será sometida a unha corentena preventiva.

Fernando Simón matizou que é difícil estimar a probabilidade de que a cooperante poida resultar infectada, pero recordou que no ano 1975, no primeiro brote coñecido, este tipo de incidentes debían ser vixiados moi de cerca porque a probabilidade de contaxio era alta.

"Esta mañá cando entramos en contacto con MSF, no mesmo momento, iniciouse a xestión a nivel internacional dun avión de defensa e MSF preferiu o seu avión medicalizado", detallou o coordinador Fernando Simón.

O avión non ten criterios de seguridade de alto nivel, pero a cooperante medica "vén soa para evitar a relación con outras persoas", agregou.

"Non ten ningún síntoma e ata dentro de dous días non ten posibilidade de desenvolver ningún síntoma, e para entón vai estar totalmente controlada", detallou Simón.

Comentarios