jueves. 27.02.2020 |
El tiempo
jueves. 27.02.2020
El tiempo

Fernando Ramos, premio Urogallo da Comunicación

_PON1639.JPG
_PON1639.JPG

Fernando Ramos Fernández, xornalista e profesor universitario lucense fincado en Vigo, destacou este mércores a necesidade de protexer a "primitiva sinxeleza" da serra dos Ancares, durante o acto no que lle foi entregado o Urogallo da Comunicación.

O galardón, que concede o Club Ancares, no cincuentenario da súa constitución, foi entregado coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, no albergue de Campa da Braña, no municipio de Cervantes.

O acto foi presentado polo presidente do Club Ancares, Alfredo Sánchez Carro, e nel participaron o Urogallo da Comunicación do ano pasado, Manuel López Castro, e o presidente da Asociación da Prensa de Lugo, Benigno Lázare.

Fernando Ramos, premio Urogallo da Comunicación
Comentarios