Fernando López recolle a testemuña de Hilario Moscoso como coordinador do BNG de Sarria

López (izquierda) y Moscoso escenifican el traspaso de cargos. VILA
photo_camera López (izquierda) y Moscoso escenifican el traspaso de cargos. VILA

O veciño de Sarria Fernando López Campo é o novo coordinador da agrupación local do BNG tras ser elixido en asemblea. Substitúe a Hilario Moscoso, responsable local durante os últimos seis anos, quen seguirá «militando e colaborando».

Segundo expuxeron, cumpridos os tres anos que marcan os estatutos, a agrupación sarriá convocou unha asemblea para renovar cargos. A candidatura de López Campo foi a única presentada e resultou elixida por unanimidade. O resto do consello mantén a mesma composición: Xermán Arias (concelleira e portavoz municipal), Mónica López, Elías Somoza, Xesús Cela, Elvira Pallares, Luís Anxo López Melle e Lucía López (responsable de Galiza Nova).

Consiga AQUÍ a versión completa

Comentarios