Fernández Paz gaña o premio da AELG en literatura infantil e xuvenil

El escritor de Vilalba Agustín Fernández Paz. AEP
photo_camera El escritor de Vilalba Agustín Fernández Paz. AEP

O escritor vilalbés Agustín Fernández Paz recibiu onte o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) na categoría de literatura infantil e xuvenil, pola súa obra ‘Fantasmas de luz’ (Xerais). O autor chairego, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, optaba tamén ao premio de narrativa para adultos por ‘Non hai noite tan longa’ (Xerais), pero foi finalmente Antón Riveiro Coello quen merecu o recoñecemento á mellor novela, grazas a ‘Laura no deserto’ (Galaxia).

A Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo onte entrega dos premios que lles concede anualmente aos seus colegas durante o transcurso da chamada Cea das Letras, que se celebrou en Compostela.

Bieito Iglesias, colaborador do diario gratuíto De Luns a Venres, editado por El Progreso, levou a distinción pola súa traxectoria en xornalismo cultural, unha categoría que tivo como finalistas ao redactor de El Progreso Santiago Jaureguizar e ao chairego Ramón Chao Rego.

No que atinxe aos premios ás institucións tamén foi protagonista o lugués Fernández Paz, xa que recibiu simbolicamente o premio que os escritores galegos lles concederon aos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino e aos equipos de normalización dos concellos de Galicia. A AELG decidiu que fose Fernández Paz o receptor desta distinción «por ser unha persoa que dedicou parte moi importante da súa vida a traballar para avanzar no lento progreso normalizador, precisamente nestes dous ámbitos -o escolar e o administrativo- desde o marco teórico ata a práctica didáctica, desde a palabra até a actuación e praxe máis coherente».

Consiga AQUÍ la versión completa

Comentarios