Feijóo recorda a Pousa Antelo como ''un galego 100% dos que necesitamos nestes momentos''

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou este mediodía a capela ardente do galeguista Avelino Pousa Antelo, ao que calificou ao finado como "un galego cen por cento dos que necesitamos nestes momentos de dificultade".

Tras dar o pésame á familia e mostrar os seus respectos, Feijóo recordou a convulsa vida do ilustre galeguista que "sempre puxo a defensa de Galicia por riba dos obstáculos que tivo que vivir". Para o presidente da Xunta, a coherencia e honestidade de Avelino Pousa deben ser "unha referencia para calquera pobo e calquer gobernante porque nos enriqueceremos".

Durante a súa visita á capela, instalada no concello coruñés de Teo, o titular do Goberno autonómico tamén valorou o labor levado a cabo por Pousa Antelo na defensa da cultura galega dentro e fóra de Galicia, e neste sentido afirmou que "é así como se defende a cultura dun pobo".

Comentarios