Feijóo nega que se arrefriase a súa relación con Rajoy

O presidente da Xunta evita desvelar en Antena 3 se concorrerá a unhas novas eleccións en Galicia

Alberto Núñez Feijóo. EFE
photo_camera Alberto Núñez Feijóo. EFE

Alberto Núñez Feijóo negou este venres no programa 'Espejo público' de Antena 3 que se arrefriou a súa relación con Mariano Rajoy. "Máis ben todo o contrario", dixo o titular da Xunta, que confesou que se viron hai pouco e que incluso comeron o pasado mes de agosto. O que ocorre, dixo, é que hai unha distancia física polas novas ocupacións profesionais do expresidente do Goberno tras a súa marcha da política  

En resposta a preguntas de Susanna Griso, o presidente galego reiterou que el non quería ningún congreso por aclamación e que non sentiu molesto porque Rajoy non lle pedise que liderase o PP, como supostamente querían algúns baróns do partido. "Él non me dixo nada diso porque non vai coa súa forma de ser e de entender a política e a vida", confesou Feijóo, que eloxiou ao expresidente.

O máximo responsable da Xunta entende que haxa dirixentes do PP que non entendesen que non se presentase á presidencia nacional da formación popular pero foi porque elixiu quedar "cos galegos", xa que tiña "un compromiso". Feijóo asegura que intentou explicarllo aos líderes do partido en nbsp;varias&comunidades autonómas, que o chamaron por teléfono para insistirlle na necesidade de que asumise a substitución de Mariano Rajoy.

Preguntado sobre o seu futuro, tras tres maiorías absolutas en Galicia, evitou desvelar as súas intencións. Dixo, iso si, que se atopaba máis cómodo e realizado na política galega, aínda que eludiu dicir de forma explícita se concorrerá a unha cuarta contenda electoral.

Comentarios