Feijóo: ''A medalla de Ouro para Angrois vai máis aló da entrega''

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, dixo hoxe que a concesión da Medalla de Ouro de Galicia á veciñanza de Angrois, que se envorcou no auxilio dos damnificados polo accidente ferroviario do 24 de xullo de 2013, vai "moito máis alá do acto propio de entrega" do distintivo.

Esta valoración prodúcese logo da petición de cambio de día formulada polos residentes neste barrio compostelán, que entenden que a xornada na que se cumpre o primeiro aniversario da grave traxedia do Alvia debe estar dedicada ao recollemento.

As medallas adoitábanse entregar tradicionalmente o 25 de xullo, Día de Galicia, pero este ano decantáronse por concedelas o 24, unha data que se manterá para as vítimas e os profesionais, xa que o cambio de data, sinalou Núñez Feijóo tras o Consello da Xunta, fíxose xustamente "para recordar aos que non están".

Se entre os 16 colectivos que serán recoñecidos, hai un, os veciños de Angrois, que prefiren para eles unha modificación, "e trasládannos a súa posición de aceptar e agradecer a Medalla, pero en todo caso recibila outro día, nós non imos pór ningunha cuestión respecto diso", informou.

Comentarios