Feijóo: ''Estamos decidindo, pedindo desculpas e garantindo a gobernabilidade na cidade''

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que está a cumprir o compromiso de garantir a gobernabilidade do Concello de Santiago de Compostela.

Preguntado pola situación da capital galega, co seu alcalde, Ángel Currás, e outros edís imputados na denominada operación Pokemon, Feijóo recalcou que "hai que dar as explicacións que correspondan, tomar todas as decisións que procedan e garantir a gobernabilidade do municipio". "Estamos a cumprir ese triplo compromiso", apuntou en declaracións aos xornalistas antes de presidir na Coruña o acto de entrega de diplomas aos alumnos da primeira promoción 2010-2012 do Programa de Alta Especialización en Animación 3D da Fundación Averho.

O xefe do Executivo galego e presidente do PPdeG remarcou que se deron as explicacións e seguiranse dando na medida que sexa necesario e que se tomaron medidas como demostra que ás poucas horas de ter coñecemento de que un concelleiro fora detido cesou en todos os seus cargos. "Estamos comprometidos en garantir a gobernabilidade do Concello traballando de noite e de día para recuperar a confianza dos cidadáns", engadiu. Remarcou que se afrontaron os problemas tomando decisións e gobernando".

Comentarios