Feijóo e Noriega: segue o cruzamento de acusacións tras o desaloxo do CSOA Escarnio e Maldizer

O presidente galego asegura que a CA "váiselle das mans a súa pouse alternativa" e o alcalde replica: "Para posicións mornas, as que el mantén con respecto á corrupción"

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, replicou ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que "para posicións mornas, as que el mantén respecto da corrupción estrutural" do PP, á vez que asegurou que non recibiu "ningunha queixa oficial" por parte da Policía respecto das súas declaracións tras o desaloxo o pasado dun edificio okupado no centro histórico.

Pola súa banda, Feijóo criticou este xoves de novo ao alcalde santiagués e a súa formación, Compostela Aberta (CA), pola súa posición tras os sucesos "lamentables" vividos tras o desaloxo dun edificio "okupado" na capital galega. "Ás veces as pouses de ser un partido alternativo vánselle das mans", asegurou Núñez Feijóo.

Tamén falou do sucedido o portavoz de En Marea, Luís Villares, quen acusou ao PP de "trato discriminatorio e sectario" con alcaldes que non son da súa cor política. Como exemplo, citou a actuación no desaloxo de okupas de Santiago, ao ser preguntado polas manifestacións do rexedor, Martiño Noriega, nas que asegurou que non se lle informou sobre o desaloxo dun edificio okupado na Algalia de Arriba.

E a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu ao PP que non "estea en actitude tan carroñera" e deixe de "facer partidismo" en referencia ás declaracións de diversos portavoces populares en relación ao desaloxo.

Tras un acto político en Ourense, Pontón subscribiu "ao 100%" a postura do BNG no concello de Santiago, cuxo representante cualificou como "desproporcionada" a intervención policial do pasado martes que se saldou cun mozo detido e seis axentes con lesións de diversa consideración tras varios enfrontamentos polas rúas da cidade.

Comentarios